CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE de CARNOTA
A Escola Rural de Tempo Libre convoca:
CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE.
Lugar: CARNOTA
Prazas: de 15 a 25.
Homologación: DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DA XUNTA DE GALICIA.
Horas: fase teórico-práctica: 200.
Datas:
Comezo: 21 de maio.
Finalización: 15 de xuño.
Dúbidas: 605 314 773 ou escolaruraltempolibre@gmail.com
Inscrición: ata o 10 de maio
Concello de Carnota: 981 85 70 32 ou no formulario que te podes descargar AQUÍ.
Prezo: a partir de 200 euros (a pagar en cómodos prazos se fora necesario: consultar).
Organiza: Concello de Carnota
CURSO DE DIRECTOR DE CAMPOS DE TRABALLO 2012
A Escola Rural de Tempo Libre convoca:
CURSO DE DIRECTOR DE CAMPOS DE TRABALLO
Lugar: LUG2
Prazas: ata 25.
Homologación: DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DA XUNTA DE GALICIA.
Horas: fase teórico-práctica: 50.
Datas:
22, 23, 24, 29 e 30 de xuño.
1 de xullo.
(os días 22 e 29 somentes se fará clase pola tarde).
Dúbidas: 629 02 34 82 ou escolaruraltempolibre@gmail.com
Inscrición: AQUÍ.
Prezo:
- matrícula: 110,00 euros.
- matrícula con PC (para os que non sexades de Lugo): 145,00 euros.
Curso de Monitor de Tempo libre na Mariña Lucense
A Escola Rural de Tempo Libre convoca:
CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE.
Lugar: FOZ.
Prazas: de 15 a 25.
Homologación: DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DA XUNTA DE GALICIA.
Horas: fase teórico-práctica: 200.
Datas:
22, 28, 29 de abril.
5, 6, 12, 13, 17, 19, 20, 26, 27 de maio.
2, 3, 9, 10, 16, 17, 23, 24 de xuño.
Dúbidas: 636 201 810 ou escolaruraltempolibre@gmail.com
Inscrición: AQUÍ.
Prezo: a partir de 210 euros (a pagar en cómodos prazos se fora necesario: consultar).
Colabora: A.C.D.R. A MARIÑA SPORT
Curso de Monitor de Tempo Libre en Silleda
A Escola Rural de Tempo Libre convoca:
CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE.
Lugar: SILLEDA.
Prazas: de 15 a 25.
Homologación: DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DA XUNTA DE GALICIA.
Horas: fase teórico-práctica: 200.
Datas:
31 de marzo.
1, 2, 3, 4, 5, 6, 14, 15, 28, 29 de abril.
1, 12, 13, 26, 27 de maio.
2, 3, 16 e 17 de xuño.
Dúbidas: 636 201 810 ou escolaruraltempolibre@gmail.com
Inscrición: AQUÍ.
Prezo: a partir de 210 euros (a pagar en cómodos prazos se fora necesario).
Colabora: CONCELLERÍA DE CULTURA E PARTICIPACIÓN CIDADÁ do CONCELLO DE SILLEDA.
Curso de Dinamización de Eventos Infantís en Santiago de Compostela
A Escola Rural de Tempo Libre quere agradecer a tódolos interesados que quixeron participar no Curso de Dinamización de Eventos Infantís en Santiago de Compostela a gran acollida que tivo este curso.
Nembargantes pregámosvos que non enviedes máis solicitudes, xa que o curso está cheo a menos que queirades entrar en listaxe de espera por se alguén deixa a súa praza libre.
Prometemos voltar a Compostela cun curso de iguales ou parecidas características para que todos teñades as ferramentas oportuntas para que desenvolvades o voso traballo.
Entendemos que con este interese a liña de acción da E.R.T.L. tén que programar moitos cursos monográficos para dotar aos monitores e monitoras de tempo libre e aos interesados en xeral, de concisas e axeitadas ofertas temáticas.
A profesionalización do sector do tempo libre pasa porque as Escolas canalicen a aprendizaxe destes profesionais creando referentes para todos eles.
Comunicado
Segundo reunión da Xunta Directiva desta Escola de data 1 de xaneiro de 2012, e “ante a pouca seriedade dalgunhas personas á hora de matricularse para os cursos homologados da Xunta de Galicia, establécense os seguintes pasos como método de inscrición:
1.- A prereserva de praza a través de formulario enviado vía correo electrónico.
2.- A inscrición ao curso a través da sinatura do formulario que EN PERSONA deberá facer libremente o interesado ou interesada que habilita automáticamente unha matrícula de praza.
3.- A aportación da documentación precisa e esixida pola Secretaría desta Escola.
4.- A satisfacción da cota do curso establecida pola Escola para cada caso.
5.- Non se permitirá a duplicidade de matrícula, nin se compatibilizará a reserva de praza xunto con outra Escola de Tempo Libre.
De causar prexuizo económico ou ocupar praza sen causa xustificada pode ser motivo de baixa inmediata do curso; nembargantes a Escola Rural de Tempo Libre poderá solicitar a os causantes de baixa a súa xustificación pertinente xa que se considera que pode causar perxuizo por:
A.- Que os compañeiros do curso teñan que aboar unha cota superior para satisfacer o prezo total do curso.
B.- Que ocupe unha praza que non tiña intención de utilizar en claro perxuizo dos alumnos e alumnas do curso.
Ante esto a Escola Rural de Tempo Libre poderá emitir informe ante a Xunta de Galicia sobre o comportamento dalgunhas personas para que actúe en consecuencia sen perxuizo doutras accións legais.”
